Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía social e cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Os seminarios versarán sobre actividades enfocadas ao traballo de temas específicos. O alumnado realizará dúas probas de pregunta aberta e contabilizarase a asistencia e a participación. 30
Titoría en grupo Nas titorías en grupo, os/as alumnos/as manterán entrevistas co profesor para o seu asesoramento no modo de resolver as actividades da materia e o proceso de aprendizaxe. 10
Traballos tutelados No traballo tutelado o alumnado terá que preparar un traballo en grupo sobre unha temática ou fenómeno social relevante para o futuro traballador/a social e/ou preparará seminarios, memorias, resumos de lecturas, conferencias etc. Trátase dunha actividade autónoma do/a estudante e de posta en común co grupo. Inclúe a procura e a recollida de información, a lectura e o manexo de bibliografía, a estruturación e a redacción do informe final do tema tratado na investigación. 30
Sesión maxistral O profesor da materia presentará, en sesións maxistrais, as bases teóricas e as directrices de estudo do programa de Antropoloxía social e cultural, así como as directrices a seguir nos traballos de investigación en Antropoloxía sociocultural. 0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Esta proba de avaliación das competencias adquiridas inclúe preguntas xerais de interrelación sobre aspectos concretos da materia do programa. O alumnado debe responder de xeito ordenado e tratar de interrelacionar distintos aspectos da materia. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OBTENCIÓN DA NOTA FINAL DO ALUMNADO ASISTENTE

A suma da porcentaxe obtida dos "Seminarios" e das "Probas de resposta longa, de desenvolvemento" terá que acadar o mínimo do 30%.

A suma da porcentaxe obtida dos "Traballos tutelados" e da "Titoría en grupo" terá que acadar o mínimo do 20%.

A suma dos dous apartados anteriores, despois de obter os mínimos, terá que chegar ao 50%.

AVALIACIÓN PARA ALUMNADO NON ASISTENTE

A avaliación para o alumnado non asistente consistirá na realización dunha proba escrita na data prevista no calendario de exámenes. Haberá que acadar o mínimo do 50% para superar a materia.

SEGUNDA CONVOCATORIA

As actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000