Os termos "conflito" e "violencia" están estreitamente relacionados. O conflito é inherente á persoa humana e á sociedade: o individuo é un ser en conflito e non pode deixar de selo. Non obstante, non sucede o mesmo coa violencia: a violencia non está na natureza humana; senón tan só o potencial para a violencia, pero as circunstancias condicionan a realización dese potencial (Galtung, 1997). O conflito non necesariamente ten que rematar en violencia física ou verbal. O fracaso na transformación do conflito é o que conduce á violencia. A complexidade da sociedade actual está a xerar novas formas de conflito e violencia tanto nos espazos públicos como nos privados. A través do desenvolvemento dos contidos desta asignatura tentamos debater sobre os diferentes contextos de relación e socialización das persoas, identificar conflitos e situacións de violencia nos ámbitos familiar, penal xuvenil e escolar, analizando as súas causas e as respostas producidas; presentando posibles estratexias de xestión e resolución dos conflitos desde unha perspectiva positiva e creativa.