Sesión maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos da materia "Educación para o lecer e o tempo libre" |
Traballos tutelados |
Os/as estudantes, en grupo, elaboran un documento e/ou investigación sobre a temática da materia. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc. |
Obradoiros |
Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre a educación para o ocio e o tempo libre, con asistencia específica por parte da profesora ás actividades individuais e/ou de grupo que desenvolven os estudantes. |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Realización dunha visita a unha ou varias institucións, centros,... do sector da educación para o ocio e o tempo libre. Co obxecto de que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos na materia a situacións concretas, e poida obter novas habilidades básicas e procedimentais. |