A metodoloxía de ensino/aprendizaxe que se pretende aplicar ten como centro o alumnado e pon especial énfase na autonomía, responsabilidade, interese e capacidade de traballo do alumnado para desenvolver unha autoaprendizaee baseada no estudo e traballo autónomo así como no traballo en equipo.
Neste contexto, recoméndase utilizar as plataformas e contornas educativas virtuais como ferramentas de aprendizaxe propias do novo terceiro contexto o cal ademais de posibilitar unha docencia virtual a través de accións formativas programadas na rede e de facilitar o seguimento, control e avaliación en liña da aprendizaxe, proporcionan unha ampla variedade de recursos como bibliotecas virtuais, libros virtuais, materiais dixitais, exercicios interactivos e teletitorías, razóns polas cales o seu interese aumenta día a día. Por iso é polo que durante o curso aproveitaranse as posibilidades educativas do portal web de FaiTIC, entre outros,e, en particular, o Programa tema da Universidade de Vigo co propósito de que dispoñan dun novo espazo educativo como complemento virtual da docencia presencial. |