Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Pedagoxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula As experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación na aula. 10
Traballos tutelados Os/as estudantes presentan o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia e/ou investigación.
Levarase a cabo en grupo, de forma escrita.
Ademais, tamén se valorará a exposición que se faga do traballo na aula.
20
Obradoiros Elaboración dun documento (memoria) por parte do/a alumno/a no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os/as alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a súa valoración persoal. Valorarase conxuntamente coa súa participación nos mesmos e nas saídas de campo. 20
Probas de tipo test Realizarase unha proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con tres alternativas de resposta. Os/as alumnos/as seleccionarán unha resposta entre as posibilidades. As respostas erradas puntuarán negativamente (2 mal restarán 1 ben). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario superar todas as probas.


O alumnado non presencial: deberá falar coa profesora ao principio do curso, para acordar un plan de traballo específico.


Segunda convocatoria:  ao alumnado que aprobe algunhas das partes ou probas da materia, conservaráselle a cualificación ata a segunda convocatoria (xullo). As probas non aprobadas serán avaliadadas na mesma convocatoria.


Calendario de exames:


Maio: 20 de maio de 2014 ás 16.00 horas. Revisión: 6 de xullo de 16.00 a 17.00 horas.


Xullo: 8 de xullo de 2014 ás 16.00 horas. Revisión do exame: 21 de xullo de 16.00 a 17.00 horas.


Fin de carreira: 21 de outubro de 2014 ás 16.00 horas. Revisión: 4 de novembro de 16.00 a 17.00 horaas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000