ALUMNADO ASITENTE (con, polo menos, unha asistencia do 80% equilibrada nos diferentes tipos de sesións): - A data tope para a entrega das diferentes actividades, proxecto, exposición, etc. será comunicada oportunamente polo profesor. Tamén se entregará unha copia en soporte dixital dos traballos que se presentaron o longo do curso (como copia de seguridade). Para o alumnado de avaliación continúa o desenvolvemento do traballo con todas as metodoloxías sinaladas é obligatorio, así como acudir a clase regularmente (polo menos ao 80% das sesións). O non cumprimento destes extremos conlleva non ser cualificado a través da avaliación continua.- Aqueles estudantes que non acudan a clase con regularidad, considéranse alumnos non presenciales e deberán realizar os traballos e proxecto de forma individual e non se considerará avaliación contínua.- O alumnado asistente deberá cubrir unha ficha cos datos persoais e académicos. ALUMNADO NON ASITENTE. - O alumnado non asistente deberá concretar coa profesora os traballos/materiais/etc. a realizar, como máis tarde, no mes de abril e facer a súa entrega o mesmo día en que realice o exame oficial da 1ª ou 2ª convocatoria. - As datas de realización do exame oficial serán as que figuran no calendario de exames da Facultade. - O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesor responsable. A data de revisión sinalarase no listado de cualificacións exposto. OBSERVACIÓN: Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levarán a cabo co alumnado na materia, concibíndose con certa flexibilidad; en consecuencia, pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevenidas. Así mesmo, aportarase ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. As datas de exames e de revisión de exames son as que se detallan: 22 de maio as 16 h. con revisión o 6 de xuño en horário a especificar. 11 de xullo as 10 h. con revisión 0 21 de xullo en horario a especificar. Fin de Carreira: 18 de octubro as 18 h con revisión o 4 de novembro en horario a especificar.
|