Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
Materias
Metodoloxía de investigación socioeducativa
Avaliación
Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Haberá unha proba ao final do cuadrimestre onde o alumno amose o seu grao de dominio sobre algún dos programas empregados para o tratamento estatístico 20
Titoría en grupo Os diferentes grupos poderán ser convocados polo profesor, o que non será impedimento para a solicitude das titorías segundo as propias necesidades. Pretende avaliar a implicación do alumnado no traballo grupal. 5
Traballos de aula Este tipo de traballos é un instrumento que amosa o nivel de participación do alumnado no descorrer da asignatura, a súa implicación cos contidos teóricos e prácticos e o seu interese pola materia 5
Proxectos Esta tarefa é complementaria coa investigación que se haberá de realizar e presentar e que figura noutro parágrafo. Atinxe fundamentalmente a cuestión actitudinais do alumnado cara ao proceso de investigación e á implicación no mesmo 5
Probas de tipo test A proba inclúe items de evocación e de recoñecemento, así como tamén de resolución de situacións, casos, problemas e/ou exercicios prácticos. Nesta proba as respostas incorrectas teñen penalización
15
Traballos e proxectos Análise das tarefas de investigación relacionadas coa elaboración do proxecto de investigación socioeducativa, a súa execución, elaboración doinforme, rexistro das tarefas realizadas nun diario de grupo e exposición, de se lo caso, na aula. Para superar esta actividade é preceptivo acadar unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10. O peso máximo na cualificación final será aproximadamente igual a 2,5 puntos. 20
Probas de resposta curta Formarán parte do exame e consistirá no desenvolvemento sintético, por escrito, de algúns termos considerados como fundamentais dentro da materia. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Formarán parte do exame e plantexarán cuestións de tipo socioeducativo que necesiten da estatística descritiva ou inferencial para a súa solución. 15

Outros comentarios sobre a Avaliación

Para obter unha avaliación positiva e, en consecuencia, superar a materia, é preceptivo obter, polo menos, o 40% da puntuación máxima no “exame” composto polas probas de tipo test, probas de resposta curta e resolución de problemas e/ou exercicios; no “estudo de investigación socioeducativa” (traballos e proxectos) e nas “prácticas de laboratorio”. De se alcanzar as puntuacións mínimas esixidas, a cualificación global será a suma das notas parciais. En calquer outro caso, na acta só se rexistrará a puntuación máis alta das avaliacións realizadas ata 4 puntos como máximo, polo que o alumno quedaría exento na convocatoria seguinte de avaliar as partes superadas.

ALUMNADO NON ASISTENTE

A avaliación do alumnado non asistente será igual ca do asistente, nembargantes ao non facer os traballos de aula (proxectos e traballos de aula) o valor da proba práctica na avaliación increméntase un 10%, quedando nun 25% do total da nota.

DATA DE EXAME: 10/01/2014 ÁS 16:00 HORAS

DATA DE REVISIÓN: 31/01/2014 ÁS 17:30 HORAS NO DESPACHO DO PROFESOR

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000