A titora ou titor
académico da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes
de conformidade cos seguintes criterios e fontes de información:
Informe
da titora ou titor do centro escolar
|
Datos
achegados pola titora ou titor académico
|
50%
|
50%
|
Informe
da titora ou titor do centro, segundo o protocolo correspondente
|
Asistencia
e avaliación das reunións e outras actividades programadas
|
Memoria
de Prácticas
|
Para
superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un
dos criterios de avaliación establecidos nos informes, tanto do titor/a do
centro escolar como do titor/a académico. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto
1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se regulan as prácticas académicas
externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a
académico da Universidade a avaliación final. Para
facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a
do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se
reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma. As actividades non superadas/realizadas na primeira convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas. As datas de entrega da memoria serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. |