Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Situacións de comunicación en lingua estranxeira: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc.
10
Presentacións/exposicións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc 10
Prácticas de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia 5
Traballos de aula Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc 5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo

Segundo
a normativa vixente, con independencia da asistencia ou non ás
clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/) no menú "Datas exames".

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000