Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Estratexias de aprendizaxe Os estudantes que queiran superar a materia sen dificultades deben atender aos seguintes consellos: * O rendemento depende do estudo continuado da materia. É case imposible asimilar toda a materia mediante o estudo intensivo ao final do curso académico. A dificultade é maior se non se asiste ás clases ou se posterga a materia para outras convocatorias. * Os alumnos deben realizar individualmente os exercicios que propón o profesor, sen consultar cos compañeiros nin recorrer ao material de estudo. Os exercicios só serán eficaces se se realizan despois do estudo diario da materia impartida. * É moi conveniente que as lecturas se fagan de forma reflexiva, reparando no uso da linguaxe. Deste xeito, pódese obter un coñecemento da lingua que podemos calificar de "intuitivo", que ten gran rendemento á hora de fixar na mente as formas e as estruturas correctas dun idioma. * Practicar a expresión oral resulta indispensable. Os galegofalantes han de evitar a enganosa suficiencia derivada da práctica oral do idioma, pois nun rexistro formal é indispensable unha fala depurada de dialectalismos, castelanismos e vulgarismos. Na avaliación desta destreza conta tanto a fluidez como a corrección.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000