Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Sociedade, cultura e pensamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación do proceso, resultados e presentación dun traballo de iniciación á investigación. 35
Para aprobar a materia hai que obter neste apartado, polo menos, o 50
Seminarios Presentación e debate dun tema relacionado co temario a partir da análise dun documento escrito ou gráfico. 15
Para aprobar a materia hai que obter neste apartado, polo menos, o 50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame sobre o temario da materia. 50
Para aprobar a materia hai que obter neste apartado, polo menos, o 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda convocatoria: De non ter superada algunha das probas ou actividades obxecto da avaliación, poderán recuperalas na convocatoria de xullo.

Alumnado non presencial: O alumnado que non poida asistir á clase regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir á tutorización dos traballos, realizará as seguintes probas: Unha proba de contidos teóricos (50%), un traballo (30%), o resumo dos libros(20%) : Filosofía da cultura ( que entregará a primeira semana de novembro) e Feminismo no mundo global (que entregará na primeira quincena de xaneiro), apuntados na bibliografía básica.

 O alumnado presencial e o non non presencial  ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.

As datas oficiais de exames poden consultarse na web da facultade, no espazo
Datas exames,disponible na seguinte dirección:
http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000