Código |
Descrición |
A1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil |
A2 |
Capacitar os docentes para que aprendan a promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
A3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos |
A5 |
Promover estratexias adecuadas para que na súa futura práctica docente as alumnas e alumnos poidan reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia |
A6 |
Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión |
A11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B2 |
Capacidade de organización e planificación |
B3 |
Comunicación oral e escrita |
B6 |
Capacidade de xestión da información |
B7 |
Resolución de problemas |
B8 |
Toma de decisións |
B9 |
Traballo en equipo |
B15 |
Aprendizaxe autónoma |
B16 |
Adaptación a novas situacións |