- Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (2'5 puntos sobre 5) e nas prácticas (2'5 puntos sobre 5). As competencias non adquiridas na convocatoria de xuño serán avaliadas na de xullo e, de no superarse, non se gardarán as notas para o curso seguinte.
- Para ser calificados/as a través da avaluación continua requírese a asistencia do alumnado, ó menos, ó 70% das sesións prácticas e teóricas respetivamente. Outras situaciones excepcionais que merezan un trato específico analizaranse no seu momento.
- As datas de realización do exame final-oficial, que realizará obrigatoriamente o alumnado non asistente para superar a materia serán as que figuran no calendario de exames da Facultade.
- O lugar de publicación das calificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesoradado responsable e/ou na Plataforma Tema-Faitic ou en calquera outro espazo dixital que se lle especifique. Se o alumno/a non o especifica durante a primeira semana de clase, enténdese que da o seu permiso para que os seus datos (nome completo e DNI) aparezan nos listados de notas, tanto en Faitic como noutro espazo. A data de revisión será a publicada pola facultad ou no seu defecto polo profesorado.
- Segundo a normativa vixente, con independencia da sua asistencia ou non as clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.
No seguinte enlace pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames):
http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |