Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Xestión do coñecemento e innovación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación de actividades dirixidas (traballos, exercicios, casos, etc.) 40
Estudo de casos/análises de situacións Avaliación do traballo de curso sobre unha innovación. 30
Probas de resposta curta Exame a celebrar a final de curso, na data oficial establecida polo centro. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xaneiro.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas: os traballos e probas suspendidos poderanse recuperar na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia.

Estrutura das probas ou exames

Tanto a proba incluída no sistema de avaliación continua como o exame global de xullo, terán a seguinte estrutura:

  • Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
  • Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento ou casos prácticos.

Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica do curso e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

As datas e horarios das probas de avaliación foron aprobadas por Xunta
de Facultade e están disponibles na web da Facultade, en Docencia/Exames

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000