Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Dereito turístico laboral e internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. As probas de tipo test incluirán preguntas de carácter práctico para avaliar as competencias adquiridas en estudios de casos/análise de situacións 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2013-2014


1. PRIMEIRA CONVOCATORIA:

a) Sistema de avaliación continua. Ao comenzo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para optar ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar asistencia a un 80% das clases. O/a alumno/a que se acolla a este sistema e acredite a presencialidade mínima do 80%, será avaliado mediante 4 probas de tipo test realizadas ao longo do período de docencia. A nota final será a media aritmética das calificacións obtidas nas 4 probas de tipo test.

b)  Sistema de avaliación  final. O/A alumno/a que non opte polo sistema de avaliación continua terá dereito a ser avaliado mediante exame final que representa o 100% da calificación na materia. O citado exame final consistirá nunha proba única tipo test que versará sobre a totalidade do programa.

2. SEGUNDA CONVOCATORIA:

O alumno que non supere a materia en primeira convocatoria -ben mediante sometemento a avaliación continua, ben mediante sometemento a avaliación final- será avaliado en segunda convocatoria mediante exame final que representa o 100% da calificación na materia. O citado exame final consistirá nunha proba única de tipo test que versará sobre a totalidade do programa.


3. CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA:

Na convocatoria
fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único exame escrito tipo test que representará o 100% da nota final.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000