Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Planificación pública do desenvolvemento turístico
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática
<br> Valorarase a asistencia e participación activa ás prácticas de aula informática.
15
Presentacións/exposicións Valorarase a entrega dos informes asociado á realización de traballos e proxectos, así como a calidade da súa presentación e defensa en aula. 5
Probas de tipo test Realizaranse probas tipo test periódicas a través da plataforme de teledocencia para avaliar a comprensión de coñcementos impartidos en clase maxistral 40
Traballos e proxectos Valorarase a capacidade para buscar información, organizar o tempo e colaborar con equipos para a realización de traballos e proxectos en grupo. 25
Informes/memorias de prácticas Valoraranse as memorias e informes a entregar nas actividades prácticas da materia (resolución de exercicios en aula e en laboratorio informático). 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será continua. O 40% da nota configurarase a partir de exames tipo test sobre os contidos teóricos da materia, o 30 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análises de caso, e o 30 % restante será a nota dun proxecto en grupo.

 

Alumnos que non siguen avaliación continua:

Avaliarase ó alumno mediante a realización dun exame final que suporá o 100% da nota. O exame constara dunha parte teórica (preguntas curtas e/ou tipo test) (60% da nota final) e unha parte práctica (40%). Será necesario aprobar ambas partes por separado (5 puntos sobre 10 en cada unha).

O exame correspondente á segunda convocatoria seguirá o mesmo modelo que o exame final.

Os estudantes que non fagan a avaliación continua nin o examen final, figurarán nas actas como non presentados.

As datas e horarios da probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2013-14. 

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000