Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Patrimonio cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia e regularidade no traballo dos grupos medios. 20
Saídas de estudo/prácticas de campo Proposta e saídas de estudo e asistencia a conferencias ou eventos relacionados coa materia e recomendados na aula. 10
Probas de tipo test Probas para avalición de competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas. Ademais se pode incluír nesta proba preguntas abertas e tamén de resposta curta. 40
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible ter aprobadas as probas de exame e tamén acadar o aprobado no conxunto dos traballos e proxectos requiridos durante o cuadrimestre. É condición imprescindible aprobar ambas partes para que sumen as cualificación de cada unha delas.

O alumnado non presencial, aquel que non acade o 80% de asistencias, deberá poñerse en contacto coa profesora, para combinar a entrega e realización de forma individual dos traballos da materia así como os materiais para preparar o exame final. Exame final e traballos deberán ser superados para poder aprobar a materia.

Segunda convocatoria:

A evaluación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para a convocatoria de exames de xullo do presente curso académico.

Esta guía ten un carácter orientativo. Os contidos poderán sufrir certas modificacións ao longo do curso.

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2013-2014.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000