Exposición dos contidos que figuran no temario da asignatura, de xeito didáctico e con continuas referencias á aplicación práctica da mesma.
Resolución de problemas e/ou exercicios
Aplicación dos coñecementos técnico-xurídicos, con referencia á xurisprudencia e ás posicións doctrinais que resulten adecuadas para a resolución dos supostos que lles foron suscitados.
Titoría en grupo
Dedicaranse dúas sesións a profundizar na interrelación dos coñecementos e a preparación dun pequeno traballo individual que ha de expoñerse na última sesión.