Traballos tutelados |
Presentación e entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Serán expostos o defendidos na aula. Valorarase o marco teórico, contidos, estructura, presentación e capacidade de síntese e análise crítica. |
30 |
Outras |
Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións teóricas e actividades dirixidas programadas para a materia. |
10 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%. |