Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Sistemas de representación xeográfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas test para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Sesións nas que os estudantes deben reflexionar e solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 20
Traballos tutelados Entregaráse, na data que se estableza, un traballo valorándose a súa metodoloxía de elaboración, os resultados e a súa exposición na aula(relacionado tamén co traballo autónomo nas TIC). 30
Outras Asistencia e participación nas sesións tanto teóricas como prácticas, titorías e outras actividades. Para o seu control é imprescindível a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar o primeiro mês do cuadrimestre. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo) nos que se examinarán de todo o programa da matéria, sen excepción, en base á bibliografia básica sinalada e aos obxectivos previstos. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo. O exame suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000