Titoría en grupo |
Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, preparación das actividades e probas de avaliación e á aclaración das diversas dúbidas que vaian xurdindo sobre aspectos da materia. |
Traballos de aula |
Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a análise e comentario crítico das fontes propias da historia antiga, a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas e a análise e interpretación de materiais gráficos e audiovisuais. |