Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Proba teórica sobre os conceptos básicos da materia. |
40% |
Outras |
Asistencia e participación activa nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Para o seu control é imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre. |
10 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial, os que non realicen todas as actividades e traballos prácticos ou non acaden nestes a cualificación de aprobado, examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico, o cal será asignado polo profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo o 30%. |