O carácter de formación básica desta materia no Grao de Xeografía e Historia ven xustificado pola contribución que desde a mesma se realiza á formación do futuro graduado: en Fundamentos de xeografía humana faise unha boa aproximación ao coñecemento dos grandes problemas sociais que afectan a gran parte da humanidade a comezos do milenio. Medir e interpretar as dinámicas demográficas e as súas consecuencias, as transformacións urbanas, os problemas do mundo rural ou os impactos ambientais das múltiples actividades económicas etc., forman o núcleo central da materia de estudo e de aí a súa relevancia no grao.