A asignatura de 6 ECTS consiste en clases maxistrais sobre os fundamentos e aplicacións dos láseres. As clases están apoiadas por material docente específico electrónico e audiovisuais realizados no laboratorio de óptica da Facultade de Ciencias no campus de Ourense. A asignatura cobre un amplio espectro de aspectos relacionados cos láseres e proporciona unha sólida base teórica introductoria ós alumnos.