A descripción e análise das secas como das precipitacións extremas dende diversos puntos de vista centra o obxectivo desta asignatura. A comprensión dos distintos tipos de secas e dos diferentes impactos no medio é de gran importancia para o estudio do clima dunha rexión. A súa cuantificación mediante diferentes técnicas supón un maior coñecemento destes eventos. Como contraposición ás secas analizaranse as precipitacións extremas como risco natural, analizando a súa resolución temporal mediante diferentes técnicas estadísticas e a modelización espacial do risco mediante
Sistemas de Información geográfica (GIS).