Seminarios |
Avalíase a presentación e defensa do traballo monográfico presentado polos estudiantes (máximo 1,5 puntos), así como a participación pertinente nos debates que se susciten. Cada asistencia a unha sesión de seminario superior ó 80% do total recibe unha bonificación de 0,01 puntos. Tanto esta bonificación como a obtida polas participacións súmase á puntuación do traballo monográfico. |
20 |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Cada envio dunha noticia comentada ou dun video comentado bonificase con 0,25 puntos (ata un máximo de 6 noticias ou videos).
Cada comentario pertinente enviado ós foros bonifícase con 0,1 puntos (ata un máximo de 10 participacións).
A realización dos cuestionarios depositados na plataforma TEMA bonifícase con 0,5 puntos (todas as preguntas contestadas correctamente) ou 0,25 puntos (un mínimo do 50% das preguntas contestadas correctamente). |
15 |
Outros |
Cada asistencia e entrega dun resumen do tema tratado en conferencias, debates, etc. bonifícase con 0,25 puntos, ata un máximo de 4 actividades.
De non existir outras actividades propostas pola profesora, a porcentaxe deste apartado será sumada á de Prácticas autónomas a través das TIC.
Os estudiantes poden propoñer actividades xa levadas a cabo por eles, que lle poden ser valoradas a cada estudiante en particular.
|
5 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Mediante un exame de preguntas cortas e longas avalíanse as competencias relacionadas cos contidos das sesións maxistrais e seminarios. É necesario obter unha calificación mínima de 3 (sobre 10) no exame para que se teñan en conta as demais actividades realizadas.
O exame consta de dez preguntas cortas, que se puntuan sobre 1 e dúas longas, que se puntuan sobre 10. A nota do exame resulta de facer a media entre a suma das preguntas cortas e a media obtida nas preguntas longas. |
39 |