Sinale A
|
Código |
Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas |
|
A1 |
Coñecemento e aplicación das técnicas e procesos de produción e difusión audiovisuais nas súas diversas fases, desde o punto de vista da organización e xestión dos recursos técnicos, humanos e orzamentarios nos seus diversos soportes (cine, TV, vídeo, multimedia, etc.), ata a súa comercialización |
|
A2 |
Coñecemento da historia e evolución da fotografía, cine, radio e televisión a través das súas propostas estéticas e industriais, ademais da súa relevancia social e cultural no tempo. Relacionar a evolución tecnolóxica e industrial coa linguaxe audiovisual, tendo en conta os conceptos teórico prácticos das representacións visuais e auditivas, os sistemas de comunicación e transmisión de conceptos e as súas realidades, así como os valores simbólicos e culturais básicos que favorezan unha correcta interpretación e análise dos signos ou códigos da imaxe en toda a súa extensión |
|
A3 |
Coñecemento teórico-práctico das estruturas organizativas no campo da comunicación visual e sonora, así como a súa evolución e xestión no tempo, incluíndo a tributación audiovisual. Tamén comprende o coñecemento e a investigación da natureza e interrelacións entre os suxeitos da comunicación audiovisual: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores |
|
A4 |
Coñecemento do uso das técnicas e as tecnoloxías audiovisuais en función das súas capacidades expresivas |
|
A5 |
Coñecemento dos fundamentos da información xornalística, a través dos distintos textos e xéneros ao uso, para a súa aplicación en medios, impresos e dixitais |
|
A6 |
Coñecemento da realidade político-social do mundo na era da comunicación global |
|
A7 |
Coñecemento do uso correcto oral e escrito das linguas oficiais aplicadas á comunicación audiovisual |
|
A8 |
Coñecemento e aplicación dos diferentes mecanismos e elementos da construción do guión atendendo a diferentes formatos, tecnoloxías e soportes de produción. Tamén se inclúe o coñecemento teórico e práctico das análises, sistematización e codificación de contidos icónicos e a información audiovisual en diferentes soportes e tecnoloxías |
|
A9 |
Coñecemento, identificación e aplicación de recursos, elementos, métodos e procedementos dos procesos de construción e análise dos relatos audiovisuais tanto lineais como non lineais |
|
A10 |
Coñecemento teórico-práctico e aplicación das tecnoloxías aos medios de comunicación audiovisuais (fotografía, radio, son, televisión, vídeo, cine, e soportes multimedia) |
|
A11 |
Coñecemento das estratexias de comunicación persuasiva nos mercados audiovisuais |
|
A12 |
Coñecemento teórico-práctico dos mecanismos lexislativos de incidencia no audiovisual ou na comunicación, así como o réxime xurídico da súa aplicación nas producións audiovisuais. Incluíndo tamén o coñecemento dos principios éticos e das normas deontolóxicas da comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade, e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas |
|
A13 |
Coñecemento da imaxe espacial e das representacións icónicas no espazo, tanto na imaxe fixa como audiovisual, así como os elementos constitutivos da dirección artística. Estes coñecementos tamén envolven as relacións entre imaxes e sons desde o punto de vista estético e narrativo nos diferentes soportes e tecnoloxías audiovisuais. Tamén se inclúen os coñecementos dos modelos psicolóxicos especificamente desenvolvidos para a comunicación visual e a persuasión a través da imaxe |
|
A14 |
Coñecemento da planificación sonora e das representacións acústicas do espazo, así como os elementos constitutivos de deseño e a decoración sonora (“sound designer”) Estes coñecementos tamén envolverán a relación entre os sons e as imaxes desde o punto de vista estético e narrativo nos diferentes soportes e tecnoloxías audiovisuais. Tamén se inclúen os modelos psicolóxicos especificamente desenvolvidos para a comunicación sonora e a persuasión a través do son |
|
A15 |
Coñecementos básicos para situar a actividade audiovisual nun contexto de competencia local, nacional e internacional, destacando as técnicas comerciais, de promoción, venda e distribución de producións audiovisuais, así como o fomento da actividade emprendedora e do concepto de empresa como unidade básica de produción audiovisual |
|
A16 |
Coñecementos sobre as políticas públicas de subvención da produción e distribución audiovisual nos ámbitos europeos, nacional e autonómico, así como as condicións legais e financeiras para a súa obtención, incluíndo os programas I+D+i e os beneficios da colaboración entre empresas de ámbito internacional. Análise de oportunidades, riscos e efectos das devanditas políticas |
|
A17 |
Capacidade e habilidade para planificar e xerir os recursos humanos, orzamentarios e medios técnicos, nas diversas fases da produción dun relato cinematográfico ou videográfico audiovisual |
|
A18 |
Capacidade para crear e dirixir a posta en escena integral de producións audiovisuais cinematográficas e videográficas, responsabilizándose da posprodución, dirección de actores e axustándose ao guión, plan de traballo e orzamento previo |
|
A19 |
Capacidade para planificar e xerir os recursos técnicos e humanos nas producións mono-cámara e multi-cámara para TV, así como as técnicas e procesos de creación e realización nas distintas fases da produción televisiva |
|
A20 |
Capacidade e habilidade para xerir técnicas e procesos de produción, rexistro e difusión na organización da produción radiofónica, discográfica e outros produtos sonoros |
|
A21 |
Capacidade e utilización das técnicas e procesos na organización da produción fotográfica, así como as técnicas e procesos de creación no campo da imaxe fixa en xeral tanto en entornos analóxicos como dixitais |
|
A22 |
Capacidade para a utilización das técnicas e procesos na organización e creación nas diversas fases da construción da produción multimedia e materiais interactivos |
|
A23 |
Capacidade para aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe mediante as novas tecnoloxías da información |
|
A24 |
Capacidade para desenvolver medicións vinculadas coa cantidade de luz e a calidade cromática durante o proceso de construción das imaxes, a partir do coñecemento teórico e práctico dos fundamentos científicos da óptica |
|
A25 |
Capacidade para desenvolver medicións vinculadas coas cantidades e calidades do son durante o proceso de construción do audio, a partir do coñecemento teórico e práctico dos fundamentos científicos da acústica |
|
A26 |
Capacidade para escribir con fluidez, textos, programacións ou guións nos campos da ficción cinematográfica, televisiva, videográfica, radiofónica ou multimedia |
|
A27 |
Capacidade para analizar relatos audiovisuais, atendendo aos parámetros básicos da análise de obras audiovisuais, considerando as mensaxes icónicas como textos e produtos das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada |
|
A28 |
Capacidade para a identificación dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais na súa estrutura industrial: produción, distribución e exhibición, así como de interpretar datos estatísticos do mercado audiovisual. Nesta competencia inclúese a xestión e organización dos equipos humanos para a produción audiovisual existente |
|
A29 |
Capacidade para aplicar procesos e técnicas implicadas na organización e xestión de recursos técnicos en calquera dos soportes sonoros e visuais existentes |
|
A30 |
Capacidade para aplicar técnicas e procesos de creación e difusión no campo do deseño gráfico e dos produtos multimedia e hipermedia nas súas diversas fases, desde unha perspectiva teórica e práctica |
|
A31 |
Capacidade para aplicar técnicas e procesos de creación e recursos técnicos ou humanos necesarios para o deseño de produción integral dun traballo audiovisual desde os elementos escenográficos e a imaxe de marca ata o seu proxecto gráfico de comercialización |
|
A32 |
Capacidade para aplicar técnicas e procesos de produción na organización de eventos culturais, mediante a planificación dos recursos humanos e técnicos implicados, axustándose a un orzamento previo |
|
A33 |
Capacidade para buscar, seleccionar e sistematizar calquera tipo de documento audiovisual nunha base de datos, así como a súa utilización en diferentes soportes audiovisuais utilizando métodos dixitais |
|
A34 |
Capacidade para levar a cabo a análise das estruturas, contidos e estilos da programación televisiva e radiofónica así como as distintas variables que inflúen na súa configuración e procesos tanto comunicativos como espectaculares por eles xerados |
|
A35 |
Capacidade para realizar a ordenación técnica dos materiais sonoros e visuais conforme a unha idea utilizando as técnicas narrativas e tecnolóxicas necesarias para a elaboración, composición, acabado e masterización de diferentes produtos audiovisuais e multimedia |
|
A36 |
Capacidade para deseñar e concibir a presentación estética e técnica da posta en escena a través das fontes de luz e acústicas naturais ou artificiais atendendo ás características creativas e expresivas que propón o director do proxecto audiovisual |
|
A37 |
Capacidade para gravar sinais sonoros desde calquera fonte sonora: acústica ou electrónica; dixital ou analóxica e de mesturar estes materiais cunha intención determinada tendo en conta os niveis, efectos e planos da mestura final masterizada |
|
A38 |
Capacidade para recrear o ambiente sonoro dunha produción audiovisual ou multimedia atendendo á intención do texto e da narración mediante a utilización de banda sonora, efectos sonoros e soundtrack |
|
A39 |
Coñecementos sobre teorías, métodos e problemas da comunicación audiovisual e as súas linguaxes que sirvan de soporte para a súa actividade, en función dos requerimientos fixados como coñecementos disciplinares e competencias profesionais |
|
A40 |
Habilidade para o uso adecuado de ferramentas tecnolóxicas, especialmente informáticas, nas diferentes fases do proceso audiovisual para que o alumnado se exprese a través de imaxes ou discursos audiovisuais coa calidade técnica imprescindible |
|
A41 |
Habilidade para expoñer de forma adecuada os resultados dos traballos académicos de xeito oral ou por medios audiovisuais ou informáticos consonte os cánones das disciplinas da comunicación |
|
A42 |
Capacidade para definir proxectos persoais de creación innovadora que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación |
|
A43 |
Capacidade para incorporarse e adaptarse a un equipo audiovisual profesional, facendo compatibles e mesmo sinérxicos os seus propios intereses particulares e os do proxecto colectivo no que se incorporou |
|
A44 |
Capacidade para percibir criticamente a nova paisaxe visual e auditiva que ofrece o universo comunicativo que nos rodea, considerando as mensaxes icónicas como froito dunha sociedade determinada, produto das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada |
|
A45 |
Capacidade para asumir o liderado en proxectos que requiran recursos humanos e de calquera outra natureza, xeríndoos eficientemente, asumindo os principios da responsabilidade social |
Sinale B
|
Código |
Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais |
|
B1 |
Capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais |
|
B2 |
Capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común encamiñado á obtención de resultados |
|
B3 |
Capacidade para asumir riscos: capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos |
|
B4 |
Toma de decisións: capacidade para acertar ao elixir en situacións de incerteza, asumindo responsabilidades |
|
B5 |
Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos |
|
B6 |
Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual |
|
B7 |
Conciencia solidaria: respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, e polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación de mulleres e persoas con discapacidade |
|
B8 |
Sensibilidade, respecto e necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo |