|
B2 |
Ser quen de sintetizar e integrar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención para aplicalos en contextos sociais e de aprendizaxe do estudante, conforme ás necesidades de apoio das persoas con necesidades específicas, así como a promoción da actividade física tendo en conta a poboacións especiais, fomentado melloras na súa saúde e calidade de vida, desde a intervención para a atención á diversidade sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidade para todos. |
|
B3 |
Desenvolver e saber comunicar adecuadamente o resultado dos seus programas de asesoramento e de intervención educativa coas familias de persoas con dificultades de aprendizaxe e desenvolvemento, fomentado a participación como unha metodoloxía para a integración, e estimulando a realización de proxectos que, tendo en conta os valores democráticos da sociedade europea actual, inclúan as Tics, o deporte adaptado e a actividade física para persoas con distintas capacidades. |
|
B4 |
Saber xeneralizar a distintos contextos e situacións o coñecemento e as destrezas adquiridas e continuar estudando en gran medida de modo autónomo como procura de solucións e alternativas ás cuestións expostas, axustando as habilidades pertinentes de aprendizaxe autodirixida, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas que supón a atención á diversidade. |