Educational guide 2012_13
Escola de Negocios Caixanova
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)
 Materias
  Desenvolvemento Estratéxico
   Competencias de titulación
Código Descrición
A4 Habilidade para diagnosticar a situación económica e financeira da empresa, así como para planificar e controlar as operacións de investimento e financiamento empresarial.
A9 Habilidade para desenvolver as destrezas necesarias para o exercicio dunha dirección efectiva de equipos de persoas.
A10 Habilidade para relacionar as diferentes funcións empresariais e comprender o funcionamento da empresa no seu conxunto, así como as interdependencias funcionais dos distintos departamentos.
A11 Habilidade para diagnosticar a situación estratéxica dunha compañía, así como para deseñar, implantar e controlar plans de acción a longo prazo.
A13 Habilidade para poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas materias fundamentais.
B1 O alumno debe adquirir coñecementos actualizados das distintas áreas da empresa.
B2 O alumno debe ser capaz de entender de forma sistemática a información relevante da empresa, o seu contexto e como aplicala a situacións complexas, tendo en conta como afecta a outros departamentos.
B3 O alumno debe dominar as técnicas suficientes que lle permitan obter e analizar información, avaliar a súa relevancia e validez, sintetizala e adaptala ao contexto.
B4 O alumno debe ser capaz de tratar situacións complexas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
B6 O alumno debe ser capaz de comunicarse correctamente tanto oralmente como por escrito, utilizando a tecnoloxía máis actual.
B8 O alumno debe ser capaz de actuar con eficacia nunha variedade de roles de equipo e asumir funcións de liderado, no seu caso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000