Código |
Descrición |
A5 |
Habilidade para elaborar o plan de mercadotecnia da compañía. |
A9 |
Habilidade para desenvolver as destrezas necesarias para o exercicio dunha dirección efectiva de equipos de persoas. |
A11 |
Habilidade para diagnosticar a situación estratéxica dunha compañía, así como para deseñar, implantar e controlar plans de acción a longo prazo. |
A13 |
Habilidade para poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas materias fundamentais. |
B1 |
O alumno debe adquirir coñecementos actualizados das distintas áreas da empresa. |
B2 |
O alumno debe ser capaz de entender de forma sistemática a información relevante da empresa, o seu contexto e como aplicala a situacións complexas, tendo en conta como afecta a outros departamentos. |
B3 |
O alumno debe dominar as técnicas suficientes que lle permitan obter e analizar información, avaliar a súa relevancia e validez, sintetizala e adaptala ao contexto. |
B4 |
O alumno debe ser capaz de tratar situacións complexas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia. |
B5 |
O alumno debe ser capaz de desenvolver habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
B6 |
O alumno debe ser capaz de comunicarse correctamente tanto oralmente como por escrito, utilizando a tecnoloxía máis actual. |
B7 |
O alumno debe ser capaz de actuar de forma autónoma na planificación e implementación de ideas e na toma de decisións. |
B8 |
O alumno debe ser capaz de actuar con eficacia nunha variedade de roles de equipo e asumir funcións de liderado, no seu caso. |