Código |
Descrición |
A3 |
Habilidade para manexar con soltura as ferramentas ofimáticas, así como para utilizar as ferramentas, aplicacións e sistemas que facilitan a procura e a análise de información. |
A4 |
Habilidade para diagnosticar a situación económica e financeira da empresa, así como para planificar e controlar as operacións de investimento e financiamento empresarial. |
B1 |
O alumno debe adquirir coñecementos actualizados das distintas áreas da empresa. |
B2 |
O alumno debe ser capaz de entender de forma sistemática a información relevante da empresa, o seu contexto e como aplicala a situacións complexas, tendo en conta como afecta a outros departamentos. |
B3 |
O alumno debe dominar as técnicas suficientes que lle permitan obter e analizar información, avaliar a súa relevancia e validez, sintetizala e adaptala ao contexto. |
B4 |
O alumno debe ser capaz de tratar situacións complexas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia. |
B5 |
O alumno debe ser capaz de desenvolver habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
B6 |
O alumno debe ser capaz de comunicarse correctamente tanto oralmente como por escrito, utilizando a tecnoloxía máis actual. |