Guia docente 2012_13
Escuela de Negocios Caixanova
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)
 Materias
  Ferramentas para a Xestión
   Competencias de titulación
Código Descrición
A3 Habilidade para manexar con soltura as ferramentas ofimáticas, así como para utilizar as ferramentas, aplicacións e sistemas que facilitan a procura e a análise de información.
A4 Habilidade para diagnosticar a situación económica e financeira da empresa, así como para planificar e controlar as operacións de investimento e financiamento empresarial.
B1 O alumno debe adquirir coñecementos actualizados das distintas áreas da empresa.
B2 O alumno debe ser capaz de entender de forma sistemática a información relevante da empresa, o seu contexto e como aplicala a situacións complexas, tendo en conta como afecta a outros departamentos.
B3 O alumno debe dominar as técnicas suficientes que lle permitan obter e analizar información, avaliar a súa relevancia e validez, sintetizala e adaptala ao contexto.
B4 O alumno debe ser capaz de tratar situacións complexas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
B5 O alumno debe ser capaz de desenvolver habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 O alumno debe ser capaz de comunicarse correctamente tanto oralmente como por escrito, utilizando a tecnoloxía máis actual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000