Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía
   Contidos
Tema Subtema
1 Fisioloxía xeral Introdución. Concepto. Homeostase. Mecanismos homeostáticos dos principais sistemas funcionais.
2 Neurofisioloxía Fisioloxía muscular: unidade motora. Tipos de contracción. Fisioloxía do sistema nervioso. O impulso nervioso. Neurotransmisores. Condución do impulso nervioso: potencial de membrana en repouso, potencial local e potencial de acción. Fisioloxía dos órganos dos sentidos xerais e especiais. Fisioloxía da cortiza cerebral. Aprendizaxe e memoria. O sono e a vixilia. O electroencefalograma. Vías nerviosas motoras e sensitivas. Os reflexos.
3 Fisioloxía do sangue Composición do sangue. O plasma. Hematopoese prenatal e posnatal. A medula ósea e o sangue periférico. Hematócrito e velocidade de sedimentación globular. Principais valores analíticos dunha análise sanguínea. Células do sangue e as súas funcións. Hemostase e coagulación. Tipos de sangue. Sistemas AB0 e RH. Transfusión. Defensa e inmunidade: Principais órganos e funcións. Fisioloxía da resposta defensiva: a inflamación. Respostas inmunes e autoinmunes. Inmunidade específica e inespecífica.
4 Fisioloxía vascular Funcionamento do corazón. Subministración sanguínea ao músculo cardíaco. Ciclo cardíaco. Sistema de condución. Electrocardiograma. Hemodinámica vascular. Arterias, veas e capilares. Circulación linfática. Circulación sistémica e pulmonar.
5 Fisioloxía respiratoria Mecánica da respiración. Intercambio de gases. Regulación da respiración. Tipos de respiración. Espirometría.
6 Fisioloxía dixestiva Principios xerais. Motilidade intestinal: conceptos de peristaltismo e ton: tipos funcionais de movementos no tubo dixestivo. Control nervioso da función gastrointestinal. Sistema nervioso entérico. Fluxo sanguíneo gastrointestinal. Circulación espláncnica. A dixestión: encimas e dixestión química. Dixestión e absorción dos principios inmediatos. Función do aparato dixestivo. Secrecións salivares, esofáxica e gástrica. O páncreas, o fígado e a vesícula biliar: as súas secrecións. Secreción intestinal. Nutrición e metabolismo enerxético. Metabolismo dos principios inmediatos. Vitaminas e minerais.
7 Fisioloxía renal Función do ril. O nefrón. Filtración glomerular e mecanismo de formación dos ouriños: secreción e reabsorción tubular. Control do volume de ouriños. Técnica do clarexamento da función renal. Pelve renal, uréteres, vexiga e uretra: a micción. Control neurolóxico da micción.
8 Fisioloxía endócrina Mecanismo de acción hormonal. Clasificación química e funcional das hormonas. Regulación da secreción hormonal. Sistema hipotálamo-hipofisario: hipotálamo, talo hipofisario, adenohipófise e neurohipófise. Hormonas hipotálamo-hipofisarias: funcións e regulación. ADH e oxitocina. Funcións fisiolóxicas. Hormonas tiroides e calcitonina. Hormonas paratiroides: regulación do calcio e fosfato no organismo. Relación coa calcitonina. Hormonas pancreáticas e regulación da glicemia. Hormonas adrenais: corticais (o cortisol, a aldosterona e os esteroides sexuais) e medulares (catecolaminas). O estrés. Catecolaminas e sistema nervioso vexetativo. As hormonas sexuais masculinas e femininas: O ciclo ovárico. Menarquía. Ciclo menstrual, e menopausa. A placenta. A melatonina. O sistema APUD. As prostaglandinas.
9 Fisioloxía do aparato reprodutor Aparato reprodutor masculino. Os testículos. Glándulas sexuais accesorias. Hormonas masculinas. Aparato reprodutor feminino. Funcións da vaxina, o útero, o ovario e as trompas uterinas. Glándulas sexuais accesorias. Glándulas de Bartholino. Hormonas sexuais femininas e ciclo menstrual. As mamas. Embarazo. Placenta. Lactación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000