Código |
Descrición |
A5 |
Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sas e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable. |
A20 |
Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades que se desenvolven para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade. |
A22 |
Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. |
A23 |
Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do ámbito, para atender ás persoas en situacións de saúde ou enfermidade como integrantes dunha comunidade. |
A24 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde dos individuos e grupos. |
A25 |
Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. |
A26 |
Analizar os datos estatísticos referidos a estudos de poboación, identificando as posibles causas dos problemas de saúde. |