Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas V
   Competencias de titulación
Código Descrición
A4 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
A11 Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
A13 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
A18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
A33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
A35 Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
A36 Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
A37 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse.
A38 Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores.
A39 Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento.
A50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000