Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia e participación nas diferentes actividades que se leven a cabo. 20%
Probas de tipo test Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSULTAS.


Os alumnos poden facer as consultas persoalmente durante as titorías ou por correo electrónico na seguinte dirección:  HYPERLINK "mailto:victor.delcampo.perez@sergas.es" victor.delcampo.perez@sergas.es



METODOLOXÍA:


As actividades docentes realizaranse a través de clases teóricas e seminarios específicos sobre técnicas demográficas ou epidemiolóxicas.


EXAMES:


Considerarase de especial importancia na avaliación do alumno, a participación en clase.


A avaliación e conseguinte cualificación do alumno levarase a cabo mediante o sistema de avaliación global por curso, integrándose nesta avaliación a participación en clase, os traballos monográficos de os houber e as notas dos exames.


A avaliación basearase nos resultados dos 2 exames parciais, cada un dos cales corresponderá aproximadamente ao 50% do temario de clases teóricas. A superación dun exame parcial supón a eliminación da materia obxecto de exame ata a convocatoria de xuño. Ao remate do curso académico realizarase un Exame Final para aqueles alumnos que non aprobaran o primeiro, o segundo, ou ningún dos exames parciais.


Os exames parciais faranse por escrito e constarán de preguntas de elección múltiple Cada pregunta conterá cinco opcións distintas, das cales só unha será correcta. Por cada pregunta mal contestada anularase o valor de 1/3 dunha ben contestada.


Nas convocatorias de xuño (final), setembro e decembro o exame constará de preguntas longas que deberán desenvolverse por escrito.


Nos exames de preguntas de elección múltiple (test), os alumnos deben contestar as preguntas nas cuadrículas de resposta, e non se avaliará ningún tipo de resposta nin comentario no resto do exame.


Debido á dificultade que supón ser equitativo para todos os alumnos na resolución das dúbidas formuladas nos exames, máxime cando os alumnos se reparten en varias aulas, non se responderán as cuestións formuladas durante os exames, senón despois dos mesmos, na revisión.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000