Código |
Descrición |
A9 |
Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital. |
A23 |
Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. |
A24 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. |
A25 |
Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. |
A26 |
Analizar os datos estatísticos referidos a estudos da poboación, identificando as posibles causas de problemas de saúde. |
A27 |
Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte. |