Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. |
40 |
Vanse a realizar catro probas que constan de todas ou algunha das partes especificadas arriba. Para superar a materia será suficiente que a media das 4 probas realizadas de un resultado de polo menos 5 puntos. As 3 primeiras probas repartiranse ao longo do cuadrimestre, avisaránse oportunamente e realizaránse no aula de prácticas; a cuarta proba realizarase o día correspondente do calendario que publica o centro para a realización da mesma, é dicir será no mes de Maio e consistirá nun exercicio escrito que se realizará nun aula de teoría que o centro asigna. Os alumnos que non seguen o sistema de avaliación continua, terán un exercicio escrito no mes de Maio que avaliará o 100% da materia e ocorrerá o mesmo para a proba de Xuño - Xullo. Aqueles alumnos de avaliación continua que non a superen en mayo deberán acudir á proba de Xuño - Xullo con todo, é dicir ao 100%. En calquera caso, o exercicio escrito inclúe preguntas de resposta longa e de tipo test. |