Esta materia ten por obxecto dar a coñecer que é unha empresa e as partes que a compoñen, tratándose a función que cumpre cada unha delas. Así mesmo, introducirá conceptos cuxo coñecemento é básico no eido da empresa, e algunhas ferramentas para a análise e a toma de decisións de xestión empresarial.
Seguindo as directrices propias da titulación, nesta guía recóllense os principais aspectos polos que se rexerá o desenvolvemento da materia.