Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Máster Universitario en Química Avanzada. RD. 1393/2007
 Materias
  Química de Fármacos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos aspectos xerais do programa de forma estruturada, facendo especial énfase nos fundamentos e aspectos máis importantes. O profesor facilitará, a través da plataforma tem@, o material necesario. O alumno deberá traballar previamente o material entregado polo profesorado e consultar a bibliografía recomendada para completar a información co fin de seguir as explicacións dos contidos do programa con maior aproveitamento. Co obxectivo de facer un seguimento do proceso de estudo e comprensión, ao remate de cada tema ou grupo de temas o alumno deberá entregar cuberto un cuestionario con preguntas relativas ao mesmo.
Prácticas en aulas de informática Os alumnos disporán na aula de informatica de acceso a internet e ao programa MOE, un entorno informático de modelado molecular adecuado para a realización das experiencias prácticas propostas. Ao inicio das prácticas o profesorado exporá os obxectivos das mesmas e dará unhas pautas para o seu desenvolvemento, proporcionando guions que permitan a sua realización e que potencien a utilización de bibligrafía. Todo o material relacionado cas prácticas: guions e manuais do programa informático, estará a disposición dos alumnos na plataforma tem@ previamente ao inicio das distintas sesions.
Presentacións/exposicións Ao inicio do curso os alumnos orientados polo profesorado elixirán unha temática concreta, relacionada ca Química de fármacos, revisarán a bibliografía dispoñible sobre a mesma e desenvolverán un traballo tutelado que deberá estar enfocando e vinculado cos contidos do curso. Finalizado este traballo farán unha breve exposición do mesmo nas sesións do curso reservadas para este fin.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000