Seminarios |
Tratarase de estimular a participación activa do alumnado no proceso de aprendizaxe, especialmente, nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. Ademais de nas clases presenciais e titorías, o estudantado pode contactar co profesorado mediante medios telemáticos.
Material en liña: na plataforma Tem@ o alumnado topará, con suficiente antelación, toda a información referente á materia. Para cada tema facilitaráselle un esquema detallado e un boletín de problemas como mínimo. Este material serviralle ao estudantado para preparar os contidos que se expoñerán nas clases presenciais e nas clases de seminario. Tamén se proporán nela cuestionarios e problemas adicionais.
Así mesmo, disporá en Tem@ da información relativa ao desenvolvemento do curso (horarios, datas limite de entrega de problemas e traballos, cualificacións etc.). Ademais, será un dos medios de comunicación máis habituais entre o alumnado e o profesorado.
Clases dos seminarios: dedicaranse á resolución de problemas e ao estudo de casos concretos, e profundarase nos aspectos que lle presenten maiores dificultades ao estudantado.
Titorías individuais: nelas o alumnado poderá consultar as dúbidas que posúa e as que non quedaron claras nas clases anteriores ou que precisen dunha atención máis personalizada.
|
|