O Traballo Fin de Máster realízase no segundo cuadrimestre do curso académico, aínda que, as primeiras etapas do mesmo (documentación e desenvolvemento teórico da proposta do traballo) deberán comezar con antelación. No regulamento de elaboración e defensa do traballo fin de máster (dispoñible na páxina web http://webs.uvigo.es/mastertma/) especifícanse detalles sobre o procedemento administrativo e sobre a elaboración e defensa deste traballo. O calendario de presentación e defensa publícase anualmente na mesma páxina web. |