É unha materia optativa que forma parte do Módulo 3 sobre Intervención en Patrimonio Inmoble. Fai fincapé na difusión como tarefa primordial de calquera programa de conservación e concretamente na difusión directa. O seu papel básico é dotar ao alumno dos coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para esbozar e dirixir un proxecto de musealización, para o que necesariamente deberá contar con técnicos de variadas disciplinas.