Ensaios e control de calidade de materiais é unha materia de 3º curso, pertenecente ao Módulo 4, que engloba materias da Tecnoloxía Específica MM “Mineralurgia y Metalurgia”.
A idea central desta materia é que a tecnoloxía e a economía global da actualidade precisan de medidas
e ensaios exactos para garantir a calidade de toda a produción e das actividades relacionadas.
O obxectivo fundamental é que o alumno coñeza as prinicipais técnicas de caracterización e os ensaios de determinación de propiedades dos materiais de partida, así como os ensaios non destrutivos de control de calidade que permiten a detección de defectos nas pezas elaboradas. Especial importancia reviste a utilización das normas que garanten a correcta selección e utilización dos correspondentes ensaios e a interpretación dos resultados obtidos.
A materia divídese en dúas partes, na primeira abordaráse o estudo das principais técnicas de caracterización química e estrutural dos materiais; a segunda parte centrarase na presentación dos ensasios e procedementos de control da calidade, que permiten garantir un producto axeitado ás demandas sociais.