Durante as clases, os profesores farán preguntas aos alumnos cuxas respostas serán evaluadas individualmente. A cualificación obtida por cada alumno engadirase á nota final sempre que esta sexa aprobado ou superior, cun máximo de 20 puntos.
As notas das prácticas e das preguntas en clase aplicaranse ao exame da primeira convocatoria (maio); na segunda (xuño-xullo) só se considerará a nota do exame.
Exame primeira convocatoria:
- Teoría: 70 puntos
- Prácticas: 25 puntos
- Exposición de Traballo: 5 puntos
- Preguntas en clase: ata 20 puntos adicionais para aqueles alumnos que aproben a asignatura.
Exame segunda convocatoria:
- Teoría 100 puntos
Para poder examinarse en calquera das dúas convocatorias é necesario realizar as prácticas e entregar as súas correspondentes memorias e resultados. Admítense dúas faltas; si supéranse consideraranse non realizadas. Si o alumno desexa presentarse a exame, a petición propia por escrito, deberá realizar un exame específico de prácticas previo ao teórico. Esta nota contará un 30% da nota final, calquera que sexa a convocatoria á que se presente.
A validez das prácticas é dun curso académico. No entanto, os alumnos repetidores que as teñan aprobadas de anos anteriores poderán non realizalas si así o solicitan por escrito aos profesores da asignatura. Neste caso, a nota de prácticas terase en conta na proba da 1ª convocatoria.
Con obxecto de facilitar unha avaliación continua farase unha proba parcial optativa que terá validez de exame final con nota vinculante, de maneira que a cualificación obtida polos que se presenten a ela (sexa aprobado ou suspenso), será a nota a considerar na nota final, promediando coa obtida no exame do resto da asignatura que teña lugar na 1ª convocatoria.
Os que non se presenten á proba parcial examinaranse da asignatura completa na 1ª convocatoria. |