Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación
activa nas sesións, materializada no plantexamento de dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática obxecto de estudo. |
25 |
CONVOCATORIA 1ª - Maio 2013 (Sistema de avaliación continua/Sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións presenciais. En caso contrario, deberá someterse ao sistema de avaliación final.
b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados medianteun exame final consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA 2ª- Xuño/xullo 2013
Se o alumno non superase a materia na convocatoria de febreiro, as notas obtidas na avaliación continua conservaránse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final. |