Resolución de problemas e/ou exercicios |
Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso
práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o
cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final. |
25 |
Outras |
A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos
supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de
cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas
pola Área de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo
alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo
docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 25%. |
25 |
CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:
Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas
citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse un novo proceso de avaliación continua, agás
que opte pola avaliación final teórica e práctica.
SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:
Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun examen final. Trátase
dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final. |