Guia docente 2012_13
E.U. de Estudos Empresariais
Grao en Comercio
 Materias
  Dereito mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Os alumnos deberán presentar un traballo por escrito proposto polo profesor e defendelo mediante a súa exposición oral. Avaliaráse a estructura e contido do traballo escrito; a claridade e capacidade de síntese na exposición oral; en xeral, o grao de comprensión dos conceptos e contidos expresados. Co traballo de seminario poderá acadarse ata 1 punto da nota final. 10
Prácticas de laboratorio
Nas prácticas de laboratorio os alumnos deberán responder aos cuestionarios que se lles propoñan con preguntas de distinto formato sobre a materia explicada nas leccións maxistrais. Coas boas respostas a estes cuestionarios, poderán acadarse ata 2 puntos da cualificación final.
Ademais, nestas prácticas presentaranse casos que deberán se resolver ben de forma autónoma ou ben de forma guiada, a criterio do profesor. Pola acertada resolución dos casos, ou polas boas intervencións no desenvolvemento desta actividade, poderáse acadar ata 1 punto da nota final.
30
Probas de resposta curta Ao final do cuadrimestre haberá un exame que consistirá no prantexamento ao alumno dun cuestionario formado por doce preguntas de resposta curta ás que deberá dar resposta por escrito.
<br>A nota máxima que se poderá acadar co exame final é de 6 puntos. Neste exame será preciso obter como mínimo unha cualificación de 2 puntos (sobre 6) para que á puntuación alcanzada poida engadirse a correspondente á avaliación contínua.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para os alumnos que non superaran a materia na convocatoria de maio-xuño, conservaráselles a cualificación obtida na avaliación contínua na convocatoria de xullo.


Os alumnos que non se acolleran ao sistema que se establece nesta guía con inclusión da avaliación contínua, farán un exame diferente ao dos alumnos que seguiron o dito sistema e que constará dun cuestionario de seis preguntas breves, unha pregunta de desenrolo amplo e un caso práctico a resolver polo propio alumno. O dito exame será avaliado sobre 10 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000