Resolución de problemas e/ou exercicios |
Traballo participativo e colaborativo. O alumnado debe desenvolver, de forma individual ou en grupo, as solucións adecuadas a unha serie de problemas e/ou exercicios que se formulan, relacionados coa materia. Dito traballo deberá ser abordado mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte do alumnado, ante a docente e grupo de estudiantes, dun tema que deberá realizarse en grupo. De modo excepcional, e previo permiso explícito, poderá levarse a cabo de maneira individual. |
Titoría en grupo |
Entrevista obrigatoria das/os estudiantes que deben expoñer un mesmo traballo ca profesora da materia para asesoramento/desenvolvemento do mesmo.
Cada grupo deberá ter, con a lo menos unha semán de antelación á exposición do tema, unha titoría. Nela presentarase un esquema da exposición, exporase a distribución do traballo entre cada un dos membros do grupo, e respostarase a tódalas cuestións, sobre a exposición e o traballo previo de cada un dos membros, que formule a profesora. |
Prácticas de laboratorio |
Traballo en aula informática para o desenvolvemento dos coñecementos básicos cara ao manexo do programa de cálculo simbólico Maxima. |