Nesta materia descríbense un conxunto de redes e arquitecturas de protocolos especialmente deseñados para aproveitar as vantaxes que a tecnoloxía óptica pode aportar a medio e longo prazo ás redes troncalis de comunicacións. Os contidos da materia resúmense nos seguintes puntos:
1. Introdución ás redes ópticas troncais: desafíos e oportunidades.
2. Primeiras xeracións de redes ópticas troncais: compoñentes e características.
3. Redes WDM de selección e difusión (Broadcast-and-select).
4. Redes de encamiñamiento por lonxitude de onda (Wavelength Routing).
5. Redes ópticas de conmutación: Conmutación óptica de ráfagas (OBS), Conmutación óptica de paquetes (OPS) e Conmutación óptica de celas (OCS).